Wednesday 15 de May de 2024

Aberto o prazo de inscrición para as actividades de conciliación do verán


As persoas interesadas poderán apuntarse ata o 20 de xuño. O programa desenvolverase dende finais de xuño ata o mes de setembro, repartido en distintas quendas quincenais e semanais

O Departamento de Educación do Concello de Ordes mantén aberto, ata o vindeiro 20 de xuño, o prazo de inscrición para as actividades de conciliación do verán. O Summer Camp 2018 está especialmente dirixido a nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos de idade, aos cales se lles brinda a posibilidade de divertirse e aprender a través de xogos grupais, traballos manuais, saídas e excursións etc. Ademais tamén practicarán inglés e realizarán actividades de música e movemento.

O programa desenvolverase ao longo das seguintes datas:

22-29 xuño (24 €)
2-13 xullo (40 €)
16-31 xullo (44 €)
1-14 agosto (40 €)
17-31 agosto (44 €)
3-7 setembro (20 €)

As familias numerosas poderán beneficiarse dun desconto do 50%. Por outra banda, no caso de que se alcance un número mínimo de inscricións nas parroquias habilitarase servizo de transporte. Tamén se ofrece a posibilidade doutros horarios e servizos a contratar, tras o acordo previo coa escola ConTalento (Rúa Reconciliación, Nº 10 baixo. 981697844. ordes@escuelacontalento.es).

Para calquera outra información pódese contactar co Departamento de Educación municipal a través do teléfono 981680002 ext. 3.